19 de Abril de 2025,
San León IX

A delegación de Catequese xa conta cunha comunidade de WhatsApp

A delegación de Catequese xa conta cunha comunidade de WhatsApp

A delegación de Catequese da diocese de Tui-Vigo amplían as súas canles de información cunha comunidade de WhatsApp que se suma aos perfís habituais en redes sociais —Instagram e Facebook— e permitirá coñecer información máis destacada do ámbito catequético.

Os catequistas que se unan a esta  comunidade de WhatsApp recibirán no seu teléfono móbil,  de forma fácil e accesible, toda a información relativa ás diferentes actividades que se organizan desde este organismo diocesano. Durante as próximas semanas, a delegación enviará información relativa aos encontros previstos para o mes de maio — a Asemblea de Catequistas, o 3 de maio, e o Encontro da Catequese, o 31 de maio—.

Para acceder e sumarche a esta nova comunidade, só tes que clicar na seguinte ligazón:

Que é unha comunidade de WhatsApp?

As comunidades de WhatsApp son unha funcionalidade para crear espazos informativos que permiten enviar a avisos cunha maior privacidade. Só quen administra as comunidades poden enviar mensaxes no grupo de avisos e, a diferenza dos «grupos de WhatsApp», os membros só poden ver cantas persoas conforman a comunidade, sen acceder ao seu número de teléfono.