10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

A delegación de Migracións organiza un retiro de Coresma

A delegación de Migracións organiza un retiro de Coresma

O sábado 17 de febreiro, de 17 a 20 horas, no colexio das Fillas de María Inmaculada en Vigo, a delegación de Migracións da diocese de Tui-Vigo organiza un retiro de Coresma, baixo o lema «Señor, ensínanos a orar», para que  as persoas migrantes residentes na diocese poidan descubrir que «a Coresma é unha viaxe que implica toda a nosa vida, todo o que somos. É o tempo de verificar as sendas que estamos a percorrer, para volver atopar o camiño de regreso a casa, para redescubrir o vínculo fundamental con Deus».

O encargado de predicar este retiro será o sacerdote José Benito Cabaniña, natural de Vigo, que é licenciado en Ciencias da Información e doutor en Teoloxía pola Universidade de Navarra. Autor de múltiples obras, entre os títulos máis recentes destacan: Jesucristo paso a paso (Ediciones Rialp, 2022), La poesía de Dios. Orar con los Salmos (Palabra, 2020) o Dios habla bajito. Claves para escuchar a Dios (Palabra, 2019).

Alberto Montes, delegado de Migracións de Tui-Vigo, explica que se trata de « unha oportunidade para poñernos en presenza do Señor e dicirlle tamén nós, como os apóstolos a Cristo, “Señor, ensínanos a orar”. Iso queremos ofrecer desde a delegación: unha tarde para estar xunto a el e comezar da mellor maneira o tempo coresmal».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp