A delegación de Misións da diocese de Tui-Vigo súmase á campaña «Sementadores de estrelas» que promove Obras Misionais Pontificias (OMP) en España. O luns 22 de decembro, ás 17.30 horas, celebrarase o envío dos «Sementadores de estrelas» no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo. A continuación, os nenos e nenas están convidados a percorrer as rúas felicitando o Nadal e entregando estrelas coa mensaxe «Xesús nace para ti»; ás 19.00 horas, está previsto cantar panxoliñas na Porta do Sol.
Tal e como explican desde OMP, «Sementadores de Estrelas» é sempre unha maneira sinxela de devolver ao Nadal o seu auténtico sentido, co anuncio do nacemento do Fillo de Deus: «Xesús nace para ti». Os interesados en participar nesta iniciativa poden conseguir as súas estrelas na sede da delegación de Misións, situada na rúa Vázquez Varela, 54 – 3ºA; tamén poden chamar aos números de teléfono: 986 42 18 35 ou 644 14 52 12.
Ademais de sumarse a esta iniciativa para sementar a alegría e a esperanza do Nadal polas rúas de Vigo, a delegación de Misións anima a todos os nenos e nenas a crear a súa propia estrela coas cores de Obras Misionais Pontificias. Os pasos para realizar esta manualidade pódense seguir a través do seguinte vídeo.