O mércores 8 de xuño, ás 17:30 horas, a delegación de Pastoral da Saúde organiza unha misa e unha celebración de final de curso na capela do monte da Guía de Teis, contemplando a nova imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, á que están convidados todos os grupos de Pastoral da Saúde das diferentes realidades eclesiais da diocese de Tui-Vigo.
Ao longo deste curso, a delegación desenvolveu diferentes actividades no marco do lema escollido polo departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal para a Xornada Mundial do Enfermo e a Pascua do Enfermo, «Acompañar no sufrimento», co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de asistir aos enfermos e a quen os coida.
Ademais de clausúraa de curso cos axentes de pastoral, a delegación súmase á campaña «40 Días pola Vida» que promove a celebración dunha “misa branca” —unha eucaristía na que o persoal sanitario vai de uniforme ou de branco—, polos profesionais da saúde na que, ademais, se intercederá por temas de actualidade como a renovación do xuramento hipocrático, o dereito da obxección de conciencia, a unión dos sanitarios cristiáns ou o dereito á vida. A “misa branca” será o domingo 12 de xuño, ás 10 horas, no templo parroquial de San Xosé Obreiro e Santa Rita de Vigo.