O sábado 2 de outubro, ás 11:30 horas, a delegación diocesana de Pastoral Familiar organiza un Encontro Diocesano de Familias no Monte Aloia —en caso de chuvia trasladarase ao Seminario Menor de Tui— para compartir a alegría de ser familia no marco do «Ano Familia Amoris Laetitia», convocado polo papa Francisco en decembro de 2020. As familias interesadas en asistir a esta iniciativa poden inscribir a través do correo electrónico pfamiliar@diocesetuivigo.org.
Durante a mañá, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, acompañará ás familias durante a eucaristía que se celebrarán ao medio día. Ademais de ter un momento de confraternización das familias co pastor da Igrexa diocesana, os asistentes poderán gozar de xogos entre pais e fillos e, pola tarde, terán a oportunidade de participar nun taller para discernir os soños de Deus para cada familia particular e tamén para as familias de toda a diocese de Tui-Vigo.
Desde a delegación de Pastoral Familiar lembran que durante toda a xornada haberá que seguir as medidas de seguridade estipuladas polas autoridades sanitarias para previr a propagación da Covid-19; para iso, cada familia deberá levar a súa propia comida.
Esta iniciativa quere dar resposta a dúas dos obxectivos do «Ano Familia Amoris Laetitia» que propuxo o Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida, da Santa Sé: por unha banda fomentar o protagonismo das familias no ámbito da Pastoral Familiar; e, por outra, ampliar a mirada e a acción desta pastoral concreta para que inclúa aos esposos, aos nenos, á xuventude, ás persoas maiores e ás situacións de fraxilidade familiar.
O «Ano Familia Amoris Laetitia» comezou o 19 de marzo de 2021 coincidindo co 5º aniversario da publicación da exhortación apostólica, Amoris Laetitia, que o papa Francisco dedica á beleza e á alegría do amor familiar. Este ano especial concluirá o 26 de xuño de 2022 co X Encontro Mundial das Familias que se celebrará en Roma co Santo Pai.