30 de Abril de 2025,
San Pío V

A delegación de Stella Maris reúnese co bispo de Tui-Vigo

A delegación de Stella Maris reúnese co bispo de Tui-Vigo
FOTO.- Equipo de Stella Maris, junto al obispo Mons. Antonio Valín en las oficinas de PortoCultura en Vigo | © Diocese de Tui-Vigo

O mércores 2 de outubro, a delegación de Stella Maris da diocese de Tui-Vigo reuniuse co bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, para presentar ao equipo de voluntarios que colaboran no apostolado do mar e, de paso, ensinarlles os locais da delegación situados no edificio PortoCultura da cidade olívica. Durante a reunión, o bispo tivo a oportunidade de coñecer as principais actividades, retos e dificultades que se atopan os voluntarios de Stella Maris no seu labor cotián de acompañamento das xentes do mar.

Este encontro tamén constituíu unha oportunidade para expoñerlle ao bispo a nova web da delegación de Stella Maris da diocese de Tui-Vigo, así como o programa previsto para a Xornada Técnica e a Asemblea nacional que, nesta ocasión, terán lugar na cidade de Vigo durante o 18 e o 19 de outubro. Ambas as citas están promovidas polo departamento de Stella Maris, que se integra dentro da Subcomisión para as Migracións e a Mobilidade Humana da Conferencia Episcopal Española.