29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

A diocese celebra dous funerais por Bieito XVI, en Tui e Vigo

A diocese celebra dous funerais por Bieito XVI, en Tui e Vigo
Foto: La tumba de Benedicto XVI en las Grutas vaticanas | © Dicasterium pro Communicatione, en Vatican News

Ao longo desta semana, a diocese de Tui-Vigo celebrará dous funerais dando grazas e pedindo o eterno descanso do papa emérito Bieito XVI, que falecía o 31 de decembro de 2022, tras un agravamento do seu estado de saúde, na residencia «Mater Eclesiae», mosteiro da Cidade do Vaticano, onde residía tras a súa renuncia en 2013. O primeiro dos funerais levarase a cabo na catedral de Tui, o xoves 12 de xaneiro, ás 11 horas; o segundo, será na concatedral-basílica de Vigo, o venres 13, ás 19 horas. Ambas as celebracións estarán presididas polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, quen convida a todos os sacerdotes, vida consagrada e fieis a participar nalgunha destas celebracións.

A diocese de Tui-Vigo recomenda a todos os diocesanos que teñan presente nas súas oracións ao santo pai Bieito XVI e, á súa vez, solicita a cada sacerdote que, dentro dos días hábiles que establece a liturxia, celebre coa maior solemnidade posible unha misa polo santo pai, nalgunha das parroquias máis poboadas das que teña ao seu cargo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp