18 de Xaneiro de 2025,
Santa Margarita de Hungría

A diocese de Tui-Vigo aposta pola cultura do Compliance

A diocese de Tui-Vigo aposta pola cultura do Compliance
Foto: Representantes del bufete Gándara Moure han impartido una formación sobre el Compliance diocesano, al clero y al personal contratado de la Curia

A diocese de Tui-Vigo atópase inmersa no proceso de implementación dun  sistema de Compliance  —manual de cumprimento normativo e boas prácticas adaptado á natureza e identidade da Igrexa diocesana—, que desenvolveu grazas ao bufete vigués Gándara Moure, especializado en Compliance  Penal. Con tal motivo, o martes 23 de xaneiro, no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, Agustín Gándara e María Dolores Rodríguez, membros de Gándara Moure, deron  a coñecer ao clero e ás persoas contratadas nas oficinas da Curia as principais funcións do Compliance, así como o código de conduta que se establece para os membros da institución.

Ao longo da próxima semana, continuará o proceso formativo en materia de Compliance  entre os axentes de pastoral que colaboran en parroquias e delegacións da diocese de Tui-Vigo —catequistas, responsables de proxectos de evanxelización, membros dos consellos de economía parroquial, etc.—. En concreto, están convocados a asistir ou ben o venres 2 de febreiro, ás 20 horas, ou ben o sábado 3, ás 11 horas; ambos os días, no Seminario Maior.

Sobre o compliance

Cunha ampla tradición no mundo empresarial anglosaxón, o compliance —en español, cumprimento normativo— son as medidas que adopta unha institución ou empresa para garantir o cumprimento da normativa que afecta á súa actividade, impedindo así que incorra en delitos, sancións ou situacións que poidan afectar o seu negocio.

En España, o concepto entra en vigor a partir do ano 2010, coa reforma do Código penal que introduce a responsabilidade penal das persoas xurídicas; en 2015, unha nova revisión do Código penal introduce unha modificación que obriga ás empresas para contar con plans de prevención de riscos penais, así como un órgano responsable da súa verificación.