O venres 23 de outubro, a diocese de Tui-Vigo e Abanca subscribiron un convenio de colaboración financeira destinado a facilitar a xestión económica das parroquias, principais beneficiarias do acordo, ao que tamén poderán acollerse os sacerdotes diocesanos. Subscribiron o acordo o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, e o director territorial de Abanca en Vigo, Walter Álvarez.
O acordo pon ao dispor das parroquias todos os servizos bancarios e ferramentas dixitais que dispón Abanca para simplificar as xestións habituais e permitirá acceder a condicións especiais na ampla rede de oficinas que Abanca ten nas parroquias da diocese
O convenio, entre os diferentes servizos, inclúe facilidades para realizar ingresos de efectivo en calquera oficina bancaria.
Con este acordo, as parroquias da diocese de Tui-Vigo dispoñerán de novos recursos para xestionar as súas contas e operacións cotiás, con acceso a servizos bancarios que poden facilitar a súa administración económica e continuar coa frutífera colaboración entre ambas as entidades desde hai moito anos.