A Igrexa diocesana de Tui-Vigo respondeu á chamada do papa Francisco de buscar a sinodalidad coa celebración da eucaristía que o bispo Mons. Luís Quinteiro Fiuza presidiu o domingo 17 na catedral de Tui e que dá comezo a esta primeira fase diocesana de consulta do Sínodo dos Bispos «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión». Esta invitación para camiñar xuntos realizada polo Santo Pai concretouse onte en todas as dioceses do mundo que, como a tudense, inauguraron este Proceso Sinodal.
“A Igrexa pídenos vivir o camiño do servizo neste camiño sinodal”, así o expreso o bispo de Tui-Vigo cando, durante a súa homilía, referiuse a este Proceso. Así, alentou aos congregados a lembrar a verdadeira misión da Igrexa: camiñar xuntos como Igrexa diocesana, capaz de espertar a vocación cristiá coa axuda do Espírito Santo.
Ao termo da eucaristía, o bispo fixo entrega do material de traballo desta fase de traballo a un grupo de laicos e unha relixiosa, en representación de todo o Pobo de Deus que foi convocado a vivir esta experiencia sinodal. Os materiais de traballo, que tamén se repartiron entre os asistentes, poden atoparse na web diocesana, clicando na seguinte ligazón.
O Sínodo dos Bispos de 2023 articúlase en tres fases: unha diocesana, unha continental e unha final, na que participan os bispos da Igrexa universal. Concretamente, na diocese de Tui-Vigo, o bispo nomeou o pasado 2 de outubro ao sacerdote Samuel Montes Costas responsable da fase de consulta diocesana para potenciar a creación de grupos sinodais nos diferentes ámbitos da diocese —parroquias, asociacións, movementos, etc onde será de especial relevancia, tal e como se expresa no documento preparatorio do Sínodo, “atopar un espazo para a voz dos pobres e dos excluídos”—, co obxectivo de conseguir que todo o Pobo de Deus discirna conxuntamente como avanzar no camiño para ser unha Igrexa máis sinodal a longo prazo.