5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

A diocese de Tui-Vigo celebra a dedicación da catedral tudense, próxima ao seu oitavo centenario

A diocese de Tui-Vigo celebra a dedicación da catedral tudense, próxima ao seu oitavo centenario
Foto: Eucaristía con motivo de la fiesta de la dedicación del templo catedralicio en Tui

Cada ano, desde a súa consagración no ano 1225 polo bispo naquel momento Esteban Egea, o 1 de decembro celébrase o aniversario da dedicación da Santa Iglesia Catedral de Tui, sede do bispo e igrexa nai para toda a diocese, que, nesta ocasión, cumpre 798 anos da súa dedicación. Con tal motivo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza presidirá a eucaristía no templo catedralicio ás 12 horas.

No marco desta celebración, a vigairía para o clero organiza unha xornada de convivencia sacerdotal que comezará ás 11 horas no templo, cunha meditación dirixida polo pai dominico Edgardo César Quintana. Unha vez terminada a celebración da eucaristía que comezará ás 12 horas, o licenciado en Xeografía e Historia, Rafael Sánchez Bargiela, impartirá o relatorio «A catedral de Tui, o Camiño Portugués e o fenómeno xacobeo», na que se tratará de explicar a vinculación entre o templo catedralicio e a realidade da peregrinación a Santiago de Compostela.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp