14 de Abril de 2026,
San Telmo

A diocese de Tui-Vigo celebra a Pascua do Enfermo e o Xubileu da Pastoral da Saúde

A diocese de Tui-Vigo celebra a Pascua do Enfermo e o Xubileu da Pastoral da Saúde

Cada ano, o IV Domingo de Pascua, a Igrexa en España celebra a Pascua do Enfermo, baixo o lema, nesta ocasión, «En esperanza fomos salvados». Con motivo desta celebración, as delegacións de Pastoral da Saúde de Galicia organizan, simultaneamente e en distintos lugares da comunidade autónoma, unha eucaristía o domingo, 25 de maio, ás 18.00 horas. Na diocese de Tui-Vigo a celebración será presidida polo bispo monseñor Antonio Valín, na catedral de Santa María de Tui.

Durante a celebración, o prelado tudense administrará o sacramento da Unción de Enfermos. Para unha maior organización e loxística, a delegación solicita que capeláns hospitalarios e párrocos avisen previamente a través do número de teléfono 608 28 06 55 ou a través do correo electrónico: saude@diocesetuivigo.org.

As delegacións de Pastoral da Saúde animan a participar nesta eucaristía na que, ademais da Pascua do Enfermo, celebrarase o Xubileu dos Enfermos e do Mundo da Sanidade para todas aquelas persoas que, entre o 5 e o 6 de abril, non puideron asistir ao xubileu en Roma. Neste sentido, están invitados enfermos, a coidadores, profesionais da saúde e sanitarios, visitadores parroquiais e profesionais dos centros sociosanitarios.

A Campaña do Enfermo deste ano, en consonancia con o Xubileu 2025, leva por lema «En esperanza fomos salvados». A Igrexa en España inicia esta campaña  o 11 de febreiro, festividade da Virxe de Lurdes, coa Xornada do Enfermo a nivel mundial, e péchase  o VI domingo de Pascua, este ano o 25 de maio.