3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres
3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres

A diocese de Tui-Vigo celebra a Xornada Mundial do Enfermo

A diocese de Tui-Vigo celebra a Xornada Mundial do Enfermo
Foto: Eucaristía de final de curso de Pastoral de la Salud en la capilla de A Guía.

O sábado 11 de febreiro, coincidindo coa festividade da nosa Señora de Lourdes, ás 18 horas, no templo parroquial de Santa Lucía da Salgueira en Vigo, a delegación diocesana de Pastoral da Saúde e a hospitalidade de Ntra. Señora de Lourdes organizan unha eucaristía para celebrar a Xornada Mundial do Enfermo.Previamente, ás 17.15 horas, haberá rezo do rosario e lucernario. Con esta Xornada Mundial do Enfermo, a Igrexa española inicia a Campaña do Enfermo que concluirá coa Pascua do Enfermo, o XI domingo de Pascua —que este ano coincide o 14 de maio—. Baixo o lema «Déixate cativar polo seu rostro desgastado», a campaña pon o foco no coidado dos maiores.

Durante a mañá, os voluntarios dos diferentes grupos da Pastoral da Saúde da diocese terán un encontro de formación nos locais parroquiais da Salgueira co que continuar profundando na mellor forma de desenvolver a súa tarefa evanxelizadora a través de todas aquelas persoas que sofren algún tipo de enfermidade ou soidade.

Na actualidade, a diocese de Tui-Vigo conta cun total 22 equipos de Pastoral da Saúde, repartidos por todo o territorio diocesano, o que supón a colaboración gratuíta de 126 persoas que, semana tras semana, acompañan a enfermos e ás súas familias. A eles, súmanse os 13 capeláns —8 sacerdotes e 5 relixiosos/as— que ofrecen servizo nos hospitais.

A delegación diocesana de Pastoral da Saúde anima aos fieis da diocese de Tui-Vigo a coidar a espiritualidade dos anciáns, a súa necesidade de intimidade con Cristo e a súa vivencia compartida da fe, nunha xornada que busca «sensibilizar ao pobo de Deus e, por conseguinte, ás varias institucións sanitarias católicas e á mesma sociedade civil, ante a necesidade de asegurar a mellor asistencia posible aos enfermos», tal e como explicaba San Xoán Pablo II na súa carta apostólica Salvifici doloris.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp