23 de Abril de 2025,
San Jorge

A Diocese de Tui-Vigo celebra ao seu patrón san Telmo

A Diocese de Tui-Vigo celebra ao seu patrón san Telmo

O domingo de Resurrección, 4 de abril, comezará a novena en honra a  san Telmo, patrón da Diocese.

A confraría de  san Telmo de Tui organiza unha novena en honra ao patrón dos navegantes, da cidade tudense e da Diocese de Tui-Vigo. Comezará o primeiro domingo de Resurrección co rezo do rosario ás 20 horas, seguido da misa na catedral.

O  triduo, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de abril, estará a cargo do sacerdote diocesano e delegado episcopal de Apostolado  Segrar Juan José González.

A festividade propia de  san Telmo terá lugar o luns 12 de abril, ao finalizar a oitava de Pascua. Pola mañá, o prior da Confraría e párroco de O Sagrario da Catedral de Tui, Santiago Freire, presidirá a misa na catedral ás 09:30 horas da mañá, mentres que ás 11 horas a eucaristía será presidida polo bispo Luís Quinteiro.