O bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía na concatedral-basílica de Santa María, ás 12 horas do 23 de xaneiro, para conmemorar o Domingo da Palabra cuxo lema deste ano é «A Palabra de Deus alimento de vida»; unha cita na que se dedicada a celebrar, reflexionar e divulgar os textos sacros contidos na Biblia.
Ademais da Eucaristía presidida polo bispo, o sacerdote e doutor en Biblia, Antonio Menduiña, ofrecerá, no programa diocesano Iglesia Noticia de Tui-Vigo —emitido en COPE Vigo, cada domingo ás 09:45 horas—, algunhas claves para comprender a riqueza que provén do diálogo de Deus co seu pobo a través da Sacra Escritura
Nesta ocasión, desde a área de Pastoral Bíblica da Conferencia Episcopal Española, propoñen o método da Lectio Divina para achegarse á Sacra Escritura. Esta antiga práctica da Lectio caracterízase por unha metodoloxía baseada en seis sinxelos pasos que ensina a ler, meditar e vivir un texto da Palabra de Deus.
En setembro de 2019, o papa Francisco instituyó esta Xornada mediante a firma da carta apostólica en forma «motu proprio» Aperuit illis, facéndoa coincidir coa Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns, xa que se trata dun tempo —tal e como explica o Santo Pai na súa carta— «no que estamos convidados a fortalecer os lazos cos xudeus e a rezar pola unidade dos cristiáns. Non se trata dunha mera coincidencia temporal: celebrar o domingo da Palabra de Deus expresa un valor ecuménico, porque a Sacra Escritura indica aos que se poñen en actitude de escoita o camiño para seguir para chegar a unha auténtica e sólida unidade».