14 de Abril de 2026,
San Telmo

A diocese de Tui-Vigo celebrou a solemnidade de Corpus

A diocese de Tui-Vigo celebrou a solemnidade de Corpus
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo durante la procesión de Corpus en Vigo | © Noelia Reyes

O 22 xuño, solemnidade de Corpus Christi e Día da Caridade, a diocese de Tui-Vigo renovou a súa devoción ao Santísimo Sacramento. O bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a misa solemne, pola mañá, en Ponteareas e, pola tarde, na concatedral-basílica de Santa María en Vigoseguida, en ambos os casos da tradicional procesión, que constitúe unha oportunidade para que os católicos dean testemuño público da súa fe. Na catedral tudense, presidiu a eucaristía o bispo emérito, monseñor Luís Quinteiro.

Durante a misa de Corpus en Vigo, monseñor Antonio Valín expresou que, «hoxe, celebrando o Corpo e o Sangue de Cristo, adoramos a ese Cristo presenten non só no pan da eucaristía, senón tamén no pan de cada persoa e, dunha maneira primordial, no rostro dos máis desfavorecidos e crucificados da historia para darlles para comer». Nesta festa de Corpus, o prelado lembrou que «o Señor nos urxe a estar atentos ás situacións de pobreza que hai na humanidade», porque «celebrar a eucaristía é comulgar con Xesús e o seu proxecto de reino. Non podemos vivir illados nin indiferentes».

Nesta festa do Corpo e o Sangue de Cristo, rememórase que Cristo está presente verdadeira, real e substancialmente no pan e o viño consagrado; unha presenza que se prolonga fóra da misa no sagrario. Neste día, a Igrexa tamén celebra o Día da Caridade, baixo o lema «Mentres haxa persoas, hai esperanza».

Corpus en Vigo

Corpus en Tui