A secretaría para a fase de consulta diocesana do Sínodo dos Bispos «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión» acaba de informar de que no territorio eclesial de Tui-Vigo xa se suman preto de 40 grupos sinodais que se traducen en máis de 400 participantes — segrares, consagrados e sacerdotes— que traballan asiduamente o documento publicado o pasado mes de outubro de 2021 —e que está dispoñible a través da seguinte ligazón—.
Estes 40 grupos que camiñan nesta fase sinodal proveñen de diferentes realidades eclesiais: parroquias rurais, como no caso da comunidade parroquial de San Salvador de Soutomaior; unidades pastorais, como o grupo formado polas parroquias da nosa Señora das Neves e San Ignacio de Loyola en Teis; movementos laicais, como no caso da delegación de Mans Unidas; ou diferentes grupos de Cáritas parroquiais; ou ordes de vida contemplativa, como o das irmás carmelitas da Roseira. Estes é só unha mostra da diversidade de realidades que se deron un paso adiante para traballar en busca dunha maior sinodalidade.
Na cidade de Vigo, formáronse máis dunha vintena de grupos, como no caso da parroquia da nosa Señora do Rocío, á que pertence Enrique, para quen a experiencia está a resultar “unha oportunidade de renovar algúns aspectos da nosa Igrexa diocesana á luz da oración”, tal e como explico no programa diocesano de COPE Vigo, O espello. A entrevista completa pódese atopar na seguinte ligazón.
Desde a secretaría para a fase de consulta diocesana do Sínodo, animan a todas as realidades eclesiais a formar un grupo sinodal e a comunicalo a través do correo electrónico: porunaiglesisinodal@diocesetuivigo.org. Ademais, lembran que as conclusións recompiladas polos secretarios e moderados de grupos deberán ser enviadas a esa dirección, de modo que, en abril a secretaría poida desenvolver un documento único con todas as achegas que será remitido á Conferencia Episcopal Española para a súa posterior emisión a Roma.