12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

A diocese de Tui-Vigo inaugura a Campaña do Enfermo 2024

A diocese de Tui-Vigo inaugura a Campaña do Enfermo 2024

O 10 de febreiro, na parroquia de Santa Lucía, en Vigo a delegación de Pastoral da Saúde e a Hospitalidade da nosa Señora de Lurdes  organizan unha serie de actos para celebrar o inicio da Campaña do Enfermo 2024, que a Igrexa en España inaugura o 11 de febreiro, coincidindo coa festividade da virxe de Lurdes e a Xornada Mundial do Enfermo, e clausura o 5 de maio, coa Pascua do Enfermo.

Os actos comezarán ás  10 horas, cunha  xornada de formación impartida por dúas psicólogas voluntarias do Centro de Escoita de Vigo, para os axentes de Pastoral da Saúde —voluntarios de parroquias, capeláns, traballadores en residencias de maiores, etc.—. Pola tarde, ás 17 horas, haberá o rezo do rosario con velas, seguido da celebración da eucaristía no templo parroquial de Santa Lucía, en Vigo, durante a que se pedirá especialmente por todas as persoas enfermas.

A Campaña do Enfermo deste ano, a través do lema «Dar esperanza na tristeza», céntrase no coidado e o acompañamento das persoas que padecen diversas formas de sufrimento psicolóxico, que se manifesta na tristeza, a pena, o desánimo ou a ansiedade. Na mensaxe publicada con motivo da Xornada Mundial do Enfermo, o papa Francisco convida a coidar «a quen sofre e están sós, e mesmo marxinados e descartados. Co amor recíproco que Cristo Señor no dá na oración, sobre todo na Eucaristía, sandemos as feridas da soidade e do illamento. Cooperemos así a contrarrestar a cultura do individualismo, da indiferenza, do descarte, e fagamos crecer a cultura da tenrura e da compaixón».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp