15 de Maio de 2026,
San Isidro Labrador

A diocese de Tui-Vigo nas Xornadas nacionais de Pastoral da Saúde

A diocese de Tui-Vigo nas Xornadas nacionais de Pastoral da Saúde
FOTO.- De izq. a drcha..: José Juan sobrino, nuevo delegado diocesano de Pastoral de la Salud; Jesús M. Carracedo, ponente en las jornadas; Mons. Vicente Ribas, obispo de Ibiza y responsable de Pastoral de la salud en la CEE; Juan Benito Rodríguez, anterior delegado diocesano de Tui-Vigo; José Luis Méndez, director nacional de Pastoral de la Salud; y Mons. José Luis redrado, secretario emérito del Pontificio Consejo para la Pastoral de los Agentes Sanitarios.

Entre o 22 e o 24 de setembro, Madrid acolle a XLIX Xornadas nacionais de delegados de Pastoral da Saúde. Ata alí desprazouse o recentemente nomeado delegado diocesano, José Juan Sobrino Pino, acompañado polo seu predecesor, Juan Benito Rodríguez Guerreiro. Baixo o lema «Coidar na Pastoral da Saúde: “Levou a unha pousada e coidouno” (Lc 10, 34)», as xornadas convidan a acoller e coidar ás persoas enfermas, unha misión da Igrexa que se fundamenta en Xesús, quen «veu para curar ao home de todo mal: o mal do espírito e o mal do corpo» (Cf. Francisco, Audiencia 10-6-2015).

Nesta ocasión, Jesús Martínez Carracedo, actual vigairo de Economía da diocese de Tui-Vigo e ex-director do departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española, impartiu a conferencia «Retos do presente da Pastoral da Saúde», durante a xornada de inauguración. Previamente, monseñor José Luis Redrado Marchite, OH, secretario emérito do Pontificio Consello para a Pastoral dos Axentes Sanitarios, ofreceu unha reflexión sobre o pasado da Pastoral da Saúde.

Ao longo do día de hoxe, os delegados terán oportunidade de coñecer diferentes experiencias que as dioceses españolas están a implementar no campo da Pastoral da Saúde. Tamén levará a cabo a presentación de novos delegados e coordinadores do Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde (SIPS).

Mañá, 24 de setembro, as xornadas finalizarán con dous relatorios dirixidos por Agustín Domingo Moratalla, catedrático de Filosofía Moral e Política da Universidade de Valencia. A primeira versará sobre a historia da revolución dos coidados, mentres que a segunda destacará seis claves éticas para un bo coidado. Ás 13.00 expoñeranse as conclusións e informacións do departamento que poñerán fin a esta edición das Xornadas de Pastoral da Saúde.