3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres
3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres

A diocese de Tui-Vigo presenta o plan pastoral 2022-2023

A diocese de Tui-Vigo presenta o plan pastoral 2022-2023

O vindeiro domingo, 6 de novembro, coincidindo co Día da Igrexa Diocesana, a diocese de Tui-Vigo presentará o novo plan pastoral do curso 2022-2023, mediante unha eucaristía que presidirá o bispo Mons. Luís Quinteiro, na concatedral-basílica de Vigo, ás 19 horas, na que se fará entrega da programación pastoral. Desde a Vigairía de Pastoral, convidan a todos os fieis a participar, pero, especialmente, a todos os delegados diocesanos e aos axentes de pastoral da cidade olívica.

Sen perder de vista o obxectivo xeneral do plan cuadrienal marcado pola Vigairía de Pastoral para o período 2019-2023 —renovar por medio de accións concretas os ámbitos significativos  da pastoral diocesana: Palabra, Liturxia, Caridade e Comuñón—, os obxectivos e accións específicas para este ano beben do sínodo convocado polo papa Francisco «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión», que en maio deste ano cerrou a súa primeira fase diocesana na que participaron máis de 700 persoas en 70 grupos sinodais da diocese de Tui-Vigo.

Para «promover unha maior vivencia deste aspecto esencial e nuclear da identidade da Igrexa», é dicir, da sinodalidade, fixáronse, durante o mes de novembro, seis encontros nos diferentes puntos da xeografía diocesana para a presentación deste novo plan pastoral:

  • 7 de novembro, ás 20 horas, no Seminario Menor de Tui para os arciprestados A Guarda-Tebra e Tui-Entenza.
  • 8 de novembro, ás 20 horas, na casa de exercicios da Ramallosa para o arciprestado Miñor.
  • 14 de novembro, ás 20 horas, no mosteiro dos pais franciscanos en Canedo para os arciprestados Montes-Mondariz, San Martiño e Tea-Condado.
  • 15 de novembro, ás 20 horas, no salón parroquial de Santa María de Porriño, para o arciprestado A Louriña
  • 17 de novembro, ás 19:30horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela, para o arciprestado Redondela-Oitavén.
  • 19 de novembro, ás 11 horas, no salón parroquial do Sagrado Corazón de Xesús para a cidade de Vigo.

As accións propostas neste novo plan pastoral beben do Sínodo dos bispos para 2023, polo que inclúen accións: promover a creación de consellos pastorais parroquiais ou impartir un curso de liderado pastoral e sinodalidade, entre outras que son unha continuación do traballo que se veu realizando ata o momento. As accións citadas son froito da experiencia sinodal do pasado curso e tamén do desexo manifestado por Mons. Luís Quinteiro na súa presentación do plan pastoral: «é o meu desexo que se profunde na teoloxía e na espiritualidade sinodal, pois sen unha recta comprensión teolóxica do que significa a sinodalidade e sen unha adecuada vivencia espiritual da mesma, facilmente cáese en posturas ideolxizadas e en voluntarismos estériles que acaban por embazar o profundo significado da sinodalidade e todo o que iso implica».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp