19 de Abril de 2026,
San León IX

A diocese de Tui-Vigo rende homenaxe ás persoas maiores

A diocese de Tui-Vigo rende homenaxe ás persoas maiores
FOTO.- El obispo presidió la eucaristía en la iglesia salcedense de Santa María | © Leandro Rivero

Baixo o lema «Feliz o que non ve desvanecerse a súa esperanza», o sábado 26 de xullo, o templo parroquial de Santa María de Salceda acolleu a celebración da Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores. A eucaristía estivo presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, que necesidade de mostrar agradecemento cara ás persoas maiores con pequenos xestos, como un abrazo, porque eles son os que acompañan no camiño e sosteñen a de novas xeracións transmitindo o seu testemuño día a día.

A delegación diocesana de Pastoral Familiar foi a encargada de organizar esta celebración, co obxectivo de render homenaxe ás persoas maiores que «nos regalan o seu tempo, comparten a súa experiencia e sabedoría e acóllennos con tenrura». Durante a celebración, tamén se destacou o papel fundamental que estas persoas teñen nas súas comunidades parroquiais, onde continúan colaborando e participando activamente na fe, como catequistas, voluntarias de Cáritas ou como parte do coro parroquial, entre outras actividades.

Desde hai cinco anos, a Igrexa celebra o cuarto domingo de xullo a Xornada Mundial dos Avós e das Persoas Maiores, ao redor da festa dos santos Xoaquín e Ana, avós de Xesús. Na súa primeira mensaxe para esta xornada, o papa León XIV convidaba a recoñecer aos anciáns non só como destinatarios da atención pastoral, senón como testemuñas da esperanza que, de maneira activa, son protagonistas da vida eclesial.