A diocese de Tui-Vigo rendeu homenaxe á patroa dos mariñeiros, a virxe do Carmen, que a Igrexa celebra, cada ano, o 16 de xullo. Na cidade olívica, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a eucaristía no templo parroquial da Nosa Señora do Carmen; ao termo ,,a imaxe da virxe procesionó polas rúas. En Tui, o bispo emérito, monseñor Luís Quinteiro, presidiu a misa na catedral tudense de Santa María.
Ademais destas celebracións, cada ano, durante máis de oito décadas, a diocese de Tui-Vigo celebra a tradicional Ofrenda do Mar no templo parroquial de San Xoán de Panxón . A delegación diocesana de Stella Maris é a encargada de organizar esta ofrenda, que se converteu nunha das celebracións máis emotivas e significativas da comunidade marítima.
Na súa mensaxe con motivo do «Día das xentes do mar», que cada ano a Igrexa celebra o 16 de xullo, coincidindo coa festividade da nosa Señora do Carmen, patroa dos mariñeiros, monseñor Antonio Valín, promotor de Stella Maris en España, expresou que «a quen traballa no mar, ás vosas familias, a quen vela pola vosa seguridade, e a todos cuantos ofrecedes apoio espiritual, social ou humano nos portos, lembrámosvos e felicitamos nesta festa da Virxe do Carmen, agradecendo todo o voso traballo diario e o voso esforzo e interese na promoción, coidado e mellora das xentes do mar. Sodes signos tanxibles de esperanza no medio da nosa Igrexa e do noso mundo».
Celebración en Vigo






Celebración en Tui


