6/10/2022

,

San Bruno
6/10/2022

,

San Bruno

A Diocese de Tui-Vigo súmase ás «24 horas para o Señor»

A Diocese de Tui-Vigo súmase ás «24 horas para o Señor»

A igrexa de Santiago o Maior de Vigo acollerá esta celebración o venres 12 e o sábado 13 de marzo de 08:00 a 19:30.

O bispo Luís Quinteiro Fiuza presidirá a Eucaristía ambos os días ás sete e media da tarde.

O equipo organizador da Diocese de Tui-Vigo convida a membros da vida consagrada, asociacións de fieis e diferentes grupos diocesanos que desexen animar algunha das horas da oración para inscribirse canto antes a través do seguinte correo electrónico info@afranqueira.org.

O horario, de 8 da mañá a 19:30 da tarde, estipulouse tendo en conta as restricións vixentes de mobilidade nalgúns concellos e cumprindo o toque de queda vixente desde as 22 da noite ás 6 da mañá. Ademais, o aforo estará limitado á capacidade máxima do templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo —situado na Avenida de García  Barbón— e deberanse respectar en todo momento as normas de seguridade e hixiene vixentes para combater a propagación da Covid-19.

Este ano, tal e como lembran desde a organización, a convocatoria ten un carácter especial, sendo «máis simbólica, mesmo podemos dicir, máis  profética e significativa que unha invitación á asistencia masiva. Agora tócanos, desde a sinxeleza e o desapercibido, tomar conciencia da forza da oración estando en comuñón con toda a Igrexa. Penetrarnos no silencio para ser rumoreo de pregaria polos corazóns doídos polo sufrimento. Vivir a sinxeleza de poñernos xunto ao Señor e pedir perdón sendo “cacharros de barro” nos que se derrama a Graza da Indulxencia e así, axudar a tantos irmáns e irmás a camiñar nesta peregrinación cara á Pascua».

Desde o ano 2014, o papa Francisco, a través do Pontificio Consello para a Promoción da Nova  Evangelización, convoca á Igrexa Universal a vivir 24 horas para o Señor a véspera do cuarto domingo do tempo de Coresma, co obxectivo de profundar na experiencia  sacramental do perdón e da adoración  eucarística.

Para o lema deste ano escolleuse un  versículo do  Salmo 103 «El perdoa todas as túas culpas» que, tal e como explica a nota introdutoria publicada no subsidio litúrxico, convida a todos os fieis a achegarse ao  sacramento da Reconciliación, «preferiblemente nun contexto de Adoración  Eucarística». Ademais, o subsidio, dividido en dous partes, ofrece claves que contribúan a unha mellor preparación de confesión e axuden aos participantes «na oración e na meditación a través dun percorrido baseado na Palabra de Deus».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp