Este domingo, 26 de xuño, ás 12 horas na concatedral-basílica de Santa María, a delegación convida a todos os diocesanos e diocesanas da Igrexa de Tui-Vigo a participar nesta eucaristía en comuñón con todas aquelas persoas que asistan a Roma ao X Encontro Mundial das Familias, co que se clausura o Ano Familia “Amoris Laetitia”, convocado polo papa Francisco en decembro de 2020. A este Encontro en Roma acudirá un pequeno grupo da nosa diocese de Tui-Vigo.
O X Encontro Mundial das Familias, como anunciaba o Papa Francisco nunha vídeo mensaxe, celebrarase de forma «multicéntrica e estendida» e diferenciarase nalgúns aspectos das citas dos anos anteriores. O evento, que se aprazou un ano debido á pandemia de COVID-19, non pode ignorar o cambio experimentado polo contexto global por mor da situación sanitaria.
A cita principal terá lugar en Roma, onde participarán delegados das Conferencias Episcopais de todo o mundo, así como representantes dos movementos internacionais implicados na pastoral familiar. Ao mesmo tempo, convídase a cada diocese para organizar eventos similares nas súas comunidades locais.
“Este é un gran misterio”: a imaxe oficial do X Encontro Mundial das Familias
O padre Marko Ivan Rupnik –artista, teólogo e director do Centro Aletti– pintou a imaxe oficial do X Encontro Mundial das Familias, que terá a súa celebración central en Roma do 22 ao 26 de xuño de 2022.
O cadro, no que predominan as cores cálidas, ten un formato de 80 cmx80cm e foi realizado con pinturas vinílicas sobre xiz aplicadas sobre madeira. O título da obra é: “Este é un gran misterio”.
O fondo da imaxe é o episodio das vodas de Caná de Galilea. Á esquerda, os esposos aparecen cubertos por un veo. O servente que serve o viño ten o rostro cos trazos de San Pablo, segundo a antiga iconografía cristiá. É el quen descorre o veo coa súa man e, referíndose ao matrimonio, exclama: “Este é un gran misterio; e eu digo que se refire a Cristo e á Igrexa!” ( Ef 5,32). A imaxe revela así, como o amor sacramental entre o home e a muller é un reflexo do amor indisoluble e a unidade entre Cristo e a Igrexa: Xesús derrama o seu sangue por ela. «En Caná», explica o Pai Rupnik, «na transformación da auga en viño ábrense os horizontes do sacramento, é dicir, do paso do viño ao sangue de Cristo». «Paulo está a derramar, de feito, a mesma sangue que a Esposa recolle no cáliz».
«Espero», subliña o Pai Rupnik, «que a través desta pequena imaxe podamos entender que, para nós, os cristiáns, a familia é a expresión do Sacramento» do matrimonio e «isto cambia totalmente o seu significado, porque un sacramento sempre implica transformación». No matrimonio cristián, en efecto, o amor dos esposos transfórmase, porque se fai partícipe do amor que Cristo ten pola Igrexa. Neste sentido, o matrimonio ten unha dimensión eclesial e é inseparable da Igrexa.
Os vídeos coas catequeses e as explicacións do autor (subtituladas en 5 idiomas) están publicados na páxina de Youtube da diocese de Roma. Pulse aquí para ver o vídeo coa catequese completa do pai Rupnik: https://www.youtube.com/watch?v=vT-nJBcvKU; pulse aquí para ver a versión curta: https://www.youtube.com/watch?v=plT31q1JhSg.
A imaxe do Pai Rupnik (adxunta aquí e dispoñible en www.diocesidiroma.it) é o terceiro símbolo que se publica, despois da oración e o logotipo, como ferramenta pastoral para a preparación e o camiño das familias cara ao Encontro Mundial de 2022.