7/03/2021

,

Santas Perpetua y Felicidad

A Diocese debe apostar por un Apostolado potente

A Diocese debe apostar por un Apostolado potente

O pasado mércores, 16 de decembro, ás sete da tarde, a parroquia do Sacro Corazón acolleu misa-funeral polo eterno descanso de María del Carmen  Grobas, falecida o 8 de decembro, solemnidade da Inmaculada Concepción. A eucaristía presidiuna o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza.

María del Carmen  Grobas foi, desde o ano 2006, delegada de Apostolado do Mar da Diocese de Tui-Vigo —que agora pasará a chamarse Stella Maris—. Xunto con Cristina de Castro, falecida en plena pandemia, traballou por visibilizar a crúa realidade dos traballadores do mar. Grazas aos esforzos realizados por ambas, conseguiron que Enrique López Veiga, quen foi presidente da Autoridade Portuaria de Vigo ata hai unha semana, apoiase esta iniciativa poñendo un centro de  Stella  Maris no corazón do Porto. 

Unha vez proclamada a Palabra de Deus, o bispo, Luís Quinteiro, destacou que «a memoria de mulleres como  Maricamen son importantes para encarar o presente» e agradeceu o incesante labor que durante máis dunha década realizou no campo da pastoral do mar, reivindicando os dereitos que lles corresponden aos traballadores deste sector. Neste sentido,  Mons. Quinteiro manifestou que «a nosa Diocese debe apostar por un Apostolado potente, porque non podemos vivir de costas ao mar».

Esta celebración foi unha ocasión para facer un breve percorrido pola historia desta realidade eclesial que naceu en 1948 da man de Jesús Espinosa, quen foi director nacional do Apostolado do Mar. Durante esa época, a Igrexa de Vigo chegou a contar con catro capeláns neste campo pastoral e con máis de 20 mozas consagradas a Pía Unión do Mar —xemen do actual Stella Maris—.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp