29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

A Diocese, na vangarda da comunicación coa nova web

A Diocese, na vangarda da comunicación coa nova web

Este martes 10 de decembro presentábase públicamente esta nova páxina web da Diocese de Tui-Vigo, unha inauguración que supón toda unha declaración de intencións dende o Bispado no relativo ao xeito de entender a comunicación dixital e que se inserta nun proceso de renovación das canles de comunicación oficial da Igrexa local.

A roda de prensa comezou coa intervención de D. Alberto Cuevas, delegado de Medios de Comunicación da Diocese, recoñecendo o labor do finado Serafín Dorado, que durante 15 anos se fixo cargo do antigo portal diocesano.

Mª del Carmen Fernández, Diretora “La Minerve”, cuxo equipo desenvolveu o site, recalcou a necesidade de transformar a imaxe da Igrexa nunha sociedade globalizada, repensando as linguaxes coas que busca afianzar nos fieis o compromiso coa acción da Igrexa diocesana e mostrando unha face máis luminosa, alegre e moderna da institución, facendo fincapé no seu papel histórico, o seu compromiso social e a súa actividade.

En palabras da diretora da Oficina de Información Diocesana, María del Camino Viana, a nova páxina web asume este reto desenvolvendo unha imaxe renovada para tender a man a todo aquel que se achegue a coñecer á Igrexa no continente dixital. “Trátase dunha estrutura sinxela cunha arquitectura web que combina elementos interactivos dentro dunha identidade visual atractiva, fresca e clara”, afirmou. En efecto, o deseño web xira agora arredor dun azul rotundo e sereno que fai referencia ás nosas costas, e a narrativa configúrase en base a múltiples imaxes coidadosamente escollidas.

Con todo iso, como afirmou o Bispo D. Luis Quinteiro agradecendo á Delegación de Medios de Comunicación a súa tarefa, a Diocese afianza o seu compromiso por manter a proximidade e afianzar a comunicación, nun exercicio de contemporaneidade que integra as redes sociais e que supón unha vontade de ser a punta de lanza da comunicación eclesial.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp