A diocese de Tui-Vigo, a través da Comisión Abeiro, acaba de publicar unha Guía de boas prácticas para a protección de menores que recolle, entre outros puntos, medidas contra o abuso de menores ou criterios básicos de actuación. Tal e como se especifica na introdución desta Guía, o obxectivo é “axudar aos sacerdotes, consagrados e laicos comprometidos coa misión evanxelizadora e educativa da Igrexa para previr e actuar #ante calquera forma de abuso que poida darse, especialmente, cara a menores e persoas vulnerables en calquera ámbito”.
Entre as medidas de prevención reflectidas neste documento, destaca a importancia, á hora de seleccionar ás persoas colaboradoras, a solicitude do certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais ou o documento de Responsabilidade Persoas. Tamén prima a política de “porta nunca pechada” á hora de falar, ou quedar, a soas co menor. Ademais dos puntos relativos a excursións, as convocatorias que se organicen deberán comunicarse sempre a través de canles oficiais durante o horario de actividade habitual, tanto aos participantes como aos seus proxenitores.
A Guía establece unha serie de criterios básicos de actuación que, en primeiro lugar, buscan detectar indicios de abusos a través de indicadores físicos e de comportamento e establecer pautar de actuación á hora de afrontar un caso deste tipo.
En definitiva, trátase dun documento que pretende ser unha ferramenta útil para a prevención ou detección de sospeita ou evidencia de situacións de abuso sexual ou calquera outra forma de malos tratos na infancia e adolescencia. A Guía de boas prácticas para a protección de menores está dispoñible, tanto en castelán como en galego, no apartado de “protección de menores” da web diocesana, que se atopa na pestana de “Transparencia” do menú principal; desde aí poderá descargarse en PDF.