28/09/2022

,

San Wenceslao
28/09/2022

,

San Wenceslao

A fe deixa pegada en Santa Lucía da Salgueira

A fe deixa pegada en Santa Lucía da Salgueira

O domingo, 13 de decembro, día de Santa Lucía, a parroquia viguesa da  Salgueira dedicada a esta mártir do século IV festexaba o 50º aniversario da súa creación cunha misa presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, ás doce da mañá.

Co aforo reducido a un terzo da capacidade máxima, os sitio sinalizados por cintas vermellas e voluntarios á entrada do templo contando ás asistentes mentres distribuían xel, a parroquia de Santa Lucía da  Salgueira acolleu ao pastor da Diocese que acudiu a presidir a celebración da patroa e do 50º aniversario da súa creación.

Durante a homilía, don Luís Quinteiro declarou que «a fe deixou pegada en Vigo» a través da creación de catorce novas parroquias durante o ano 1970 da man do bispo  Mons. Delicado  Baeza; por iso, explicou o actual bispo, «temos que pedirlle a Deus que esa fe dea froitos na nosa sociedade». Ademais, manifestou a importancia de lembrar as palabras do papa Francisco que, continuamente, reclama cristiáns alegres, capaces de mirar con esperanza o contexto actual.

Finalmente, o párroco Antonio Domínguez Estévez agradeceu a presenza de todas as persoas colaboradoras que garantían as medidas de seguridade durante as celebracións. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp