18 de Novembro de 2026,
Dedicación de las Basílicas de los Apóstoles San Pedro y San Pablo

A festa dos pobos hispanos reuniu a persoas de 15 nacionalidades na Franqueira

A festa dos pobos hispanos reuniu a persoas de 15 nacionalidades na Franqueira
FOTO.- Participantes en el encuentro, delante del santuario de A Franqueira

O domingo 11 de outubro, véspera da festividade da Virxe do Pilar, persoas de quince nacionalidades participaron na festa dos pobos hispanos que a delegación de Persoas Migrantes da diocese de Tui-Vigo organizou no santuario mariano da Franqueira. A xornada ofreceu un espazo de encontro e convivencia entre persoas de distintos países que comparten a súa vida en Galicia.

O delegado de Persoas Migrantes, Carlos Nottaro, explicou que a iniciativa naceu da convicción de que as diferenzas enriquecen ás persoas e de que existen moito vínculos que as unen, como o idioma, a cultura e a fe compartidas. A celebración ao redor da Hispanidade buscou precisamente favorecer o encontro a partir deses lazos comúns.

O encontro comezou coa celebración da eucaristía e continuou con música, baile e pratos típicos dos países participantes. Os asistentes tamén puideron achegarse ás tradicións galegas grazas á actuación dun grupo de música tradicional.

Fiesta de los pueblos hispanos en A Franqueira (2026)