A Igrexa católica desenvolveu un importante labor no ámbito educativo, desde hai séculos. Na Diocese de Tui-Vigo ese labor concrétase a través de 20 centros educativos relixiosos e 2 Seminarios, cuxa formación se apoia en valores cristiáns e contemplan un camiño de catecumenado que prepara aos alumnos para recibir os diferentes sacramentos.
Segundo os últimos datos do 2019, enviados á Secretaría de Estado e á Santa Sé, máis de 13.300 alumnos benefícianse desta educación no territorio da Diocese de Tui-Vigo. O Seminario Menor de Tui conta con 35 estudantes, aos que hai que sumarlles outros 7 seminaristas que se preparasen para responder á súa vocación sacerdotal a través do Seminario Maior San José de Vigo.
A formación constitúe un alicerce fundamental da vida cristiá dos fieis, por iso impartiuse 8 conferencias de temas eclesiásticos e sociais ao longo do último ano. Ademais, participaron aproximadamente 40 alumnos nos Cursos de Teoloxía e o Instituto de Ciencias Relixiosas contou con 8 matriculados o pasado curso.
Ademais dos centros educativos relixiosos, a formación cristiá transmítese nos centros públicos a través de 5 docentes que imparten clases de relixión. Eles tamén contribúen á propagación do Evanxeo, acompañando aos seus alumnos no crecemento e na profundización da fe.
Almudena Suárez, profesora de relixión no IES Mendiño, cóntanos o seu testemuño no desenvolvemento desta faceta da súa vida profesional e laica comprometida na Igrexa. Grazas ao seu traballo, e ao doutros docentes diocesanos no campo da educación pública, conseguimos que a Diocese de Tui-Vigo sexa unha gran familia, sexa unha comunidade de comunidades.