12 de Abril de 2026,
San Julio I

A Franqueira  celebrou a romaría das Pascuillas

A Franqueira  celebrou a romaría das Pascuillas
FOTO.- El obispo preside la eucaristía en el Outeiro | © Edgardo Quintana

Coincidindo coa festa da Benaventurada Virxe María, nai de la Iglesia, o 9 de xuño, a parroquia-santuario da Nosa Señora da Franqueira celebrou a romaría das Pascuillas que congregou a medio centenar de parroquias que, nalgúns casos, portaron as súas imaxes da virxe en peregrinación ata o Outeiro. Alí, ás 12:00 horas, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a eucaristía solemne e a parroquia de Santa Baia de Mondariz realizou a ofrenda deste ano.

Finalizada a eucaristía, as imaxes peregrinaron desde o Outeiro ata o atrio do santuario, onde permaneceron ata emprender o camiño de regreso aos seus lugares de orixes. Ás 18.30 horas, celebrouse a misa de clausura da romaría, seguida do canto da Salve.  

O pasado 31 de maio, a comunidade parroquial da Franqueira comezou a preparación para a celebración da romaría das Pascuillas, co rezo diario do rosario e da novena. Ademais, no marco do Ano Xubilar 2025, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza», a parroquia intercedeu, de maneira especial, polos distintos signos de esperanza descritos na bula de convocatoria do Xubileu.

Con motivo do Xubileu 2025, o santuario da nosa Señora da Franqueira foi decretado, o pasado mes de decembro, un dos catro templos xubilases da diocese tudense, pensados especificamente para aquelas persoas que non poidan peregrinar a Roma e desexen gañar as grazas derivadas do Ano Xubilar.