10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

A Franqueira celebrou o 60º aniversario da coroación da virxe

A Franqueira celebrou o 60º aniversario da coroación da virxe
Foto: Procesión con la imagen de Nosa Señora da Fonte da Franqueira, con motivo del 60º aniversario de la coronación

O 21 de xullo conmemoráronse os 60 anos da coroación canónica da secular imaxe da Virxe da Fonte da Franqueira. O santuario non quixo deixar pasar de largo esta data. Dun xeito sinxelo e familiar reuníronse para celebralo unha nutrida representación dos milleiros de romeiros que veneran esta efixie da virxe María tan querida na nosa diocese.

Ás 8 do serán rezouse o Rosario e deuse grazas a deus coa Eucaristía. Acompañados polo pequeno coro do Santuario cantáronse, tanto na Misa como na procesión, os himnos compostos na honra da Nosa Señora. Na homilía, o reitor percorreu, a través do simbolismo das doce estrelas que rodean a coroa, doce escenas da vida de María que fan brillar o camiño da fe dos crentes, pedindo así, que a Virxe acuda na nosa axuda para sermos nós a coroa que embelece a vida das familias, das parroquias e da sociedade. As pregarias foron adicadas aos diversos segmentos da vida diocesana.

Finalizada a eucaristía, vivida con emotividade, foi tamén moi emotivo ver saír no seu carro procesional a imaxe. Un camiño longo ata o Outeiro, onde se celebran as Pascuillas, foi acompañado polo cantar das rodas do carro e os himnos da Virxe, xunto a poemas e pregarias. Chegados ao Outeiro rodeamos a imaxe con 60 candeas, significando os sesenta anos, coas ladaíñas propias deste santuario. Cada familia portaban as imaxes do seu fogar, recibiron a bendición, unindo a oración polos nosos familiares e a Virxe tan querida. De regreso ao santuario retornou ao fogar a imaxe que cada romaría recibe aos seus fillos en tenra oración.

Como colofón dicir que se lembrou a homilía de Frei Xosé López Ortiz no día 21 de xullo do 1963 «esta fecha tan esperada y deseada no pase, no tenga un mañana en que la podamos dejar en olvido; que nos haga siempre presente esta hermandad en la que esta mañana nos hemos congregados, para que la practiquemos todos los días de nuestra peregrinación como todos los redimidos, los hijos de Dios y de María».

60º aniversario de la coronación de la virgen de A Franqueira
« de 8 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp