O domingo 7 de xuño, o programa da Televisión de Galicia (TVG) Polo camiño da fe emitiu un programa sobre a romaría das Pascuillas que, cada ano, se celebra na parroquia-santuario da Nosa Señora da Franqueira. Este ano, foron 65 as imaxes portadas polos fieis de diferentes parroquias, o que converte esta romaría na maior concentración de imaxes do mundo rural galego.
Polo camiño da fe é un programa relixioso producido pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela e emitido a través da Televisión de Galicia, todos os domingos, ás 09.45 horas, posteriormente, comeza a retransmisión da eucaristía desde a cidade compostelá, no templo parroquial de San Frutuoso.