O sábado 16 de maio, a parroquia-santuario da Nosa Señora da Franqueira comeza os actos organizados en honra a súa patrona, para celebrar a romaría das Pascuillas, baixo o lema «Coa Virxe María, facemos camiños de paz». A partires deste día, haberá rezo do rosario e da novena, seguida da Eucaristía: de luns a sábado, ás 18:00 horas; e o domingo, ás 16:30 horas.
O luns 25 de maio, día da romaría das Pascuillas, a partires das 9:00 horas, realizarase a acollida das peregrinacións no Outeiro e celebraranse misas no santuario ás 9:00, 10:00 e 11:00 horas. Ás 12:00 horas, no Outeiro, comezará a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, durante a que se realizará a ofrenda a cargo da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera. Ao finalizar a Eucaristía, haberá procesión coas imaxes ata o atrio do santuario.
A partires das 15:30 horas do luns 25 de maio, despedirase ás imaxes que acudisen ao santuario peregrinando e a misa de clausura, seguida do canto da salve, será ás 18:30 horas.
O domingo previo á festividade, domingo 24 de maio, celebrarase a festividade de Pentecostés, con misas ás 10:00, 11:00 e 12:00 horas. Pola tarde, haberá misa ás 17:00 e ás 18:30 horas.
