16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

A HOAC invita ao encontro “Acompañando a persoas migrantes”

A HOAC invita ao encontro “Acompañando a persoas migrantes”

A Irmandade Obreira de Acción Católica invita, este sábado 28 de febreiro, ao encontro “Acompañando a persoas migrantes”, no local de Acción Católica da Parroquia San Xosé Obreiro e Santa Rita (Vázquez Varela, 56), de 17 horas a 18.30 horas.

A temática desta xornada xirará en torno á última Exhortación Apostólica do Papa, “Diléxi te”, no que se refire aos migrantes e ó traballo. Comezará cunha acollida e posterior oración, para pasar á presentación do tema e despois a un compartir entre todos. Os asistentes poderán expresar as súas ideas sobre o tema tratado, sobre o que lles aporta, o que cada un pode facer… Todo terminará compartindo un momento en comunidade, con dulces e café.

Estos encontros a HOAC os leva organizando dende hai máis de dous anos, e teñen o obxectivo de acompañar ás persoas migrantes, así como de formar comunidade entre todos.