Ayer se inauguró un nuevo crucero en lana subida la lana iglesia de San Paio de Lavadores en lana que estuvo presente él vicario de Pastoral, José Vidal, él párroco, Plácido Vázquez, lana presidenta de lana Diputación, Carmela Silva, y él alcalde de Vigo, Abel Caballero.
O párroco de San Paio, Plácido Vázquez, destacou a “resposta inmediata” da Deputación cando se lle propuxo facer esta obra, que agora é parte das vistas do lugar.
A subida á igrexa viguesa de San Paio de Lavadores conta dende onte cunha nova referencia gracias á instalación dun cruceiro de pedra elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A peza está culminada cunha imaxe moderna dun Cristo, pero inclúe tamén no fuste unha representación do santo Paio (ou Pelayo). A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Abel Caballero, asistiron á estrea, en compañía do párroco, Plácido Vázquez, do vigairo de Pastoral, José Vidal, e un grupo de veciñas e veciños da parroquia. O cruceiro, cunha altura de cinco metros, é unha “elaboración coral” do alumnado e profesorado do centro de formación da Deputación e quedou instalado á altura do número 170 da rúa Cabalaria, a pouco máis de 50 metros do templo, un edificio relixioso que data dos anos 70 e que agora ve así embelecida a súa contorna.
O párroco de San Paio contou como hai tres anos un veciño da parroquia considerou importante contar cun cruceiro nos arredores a igrexa e acudiron á Deputación de Pontevedra, da que resaltou unha “resposta inmediata”. Plácido Vázquez lembrou como dende aquel momento as e os membros da Escola de Cantería puxeron “as súas ideas, experiencia e coñecemento para plasmalo neste fermoso cruceiro modernista”. Puxo en valor que Vigo “é unha cidade fermosa que vai medrando polos barrios e hoxe as bonitas vistas que temos sobre a ría e a cidade acrecéntanse con esta marabillosa obra da Deputación”.
O cruceiro ten un peso que supera as catro toneladas e foi elaborado expresamente para este emprazamento, cunha base formada por dúas pezas en cuña para adaptarse ao terreo. Trátase do primeiro cruceiro na contorna desta igrexa nunha zona na que tamén hai varios petos de ánimas, obra do escultor Camilo Nogueira e datados a principios do século XX.
Carmela Silva lembrou que tanto Galicia como a provincia de Pontevedra e Vigo son “terra de cruceiros e de canteiros e canteiras. Somos un pobo que traballa moi ben a pedra de forma secular, de feito o noso alumnado traballou por todo o mundo”. A presidenta provincial resaltou a ledicia que supón inaugurar un cruceiro e atoparse rodeada de veciñas e veciños e a “ilusión por facer cousas que satisfagan á veciñanza” á que agradeceu a súa presenza no acto.
Pola súa banda, Abel Caballero deixou claro que con esta inauguración “vanse a marcar os tempos a partir de agora” posto que se falará da igrexa pero tamén do cruceiro. Aproveitou a ocasión para felicitar tanto á Deputación como ás persoas autoras da obra por realizar unha “combinación fantástica” entre a arte modernista e o románico tradicional. Na súa intervención Abel Caballero tamén resaltou o tamaño do cruceiro “unha escultura monumental pero chea de sentimentos e de sensacións”.