O 4 de novembro, ás 10.00 horas, a diocese de Tui-Vigo presentou a campaña do Día da Igrexa Diocesana, que, este ano, celébrase o domingo 9 de novembro baixo o lema «Ti tamén podes ser santo». É unha xornada para dar conta do que a Igrexa é e o que a Igrexa fai nesta pequena porción de territorio do sur da provincia de Pontevedra. Tamén se presenta como unha oportunidade para agradecer a colaboración de todas esas persoas que participan na construción desta comunidade eclesial.
A presentación contou coa presenza de monseñor Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo; Jesús M. Carracedo, vigairo de Economía; María Isabel Barrios, usuaria do proxecto Clara de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo; e Birama Ndong, mariñeiro-pescador acompañado polo Centro de Atención ao Mariño Stella Maris de Vigo.

Santos e beatos que iluminan a vida da diocese de Tui-Vigo
Nesta ocasión, a campaña coincide co día da dedicación da basílica de Letrán, xornada que o papa Francisco estableceu para conmemorar, a partir de 2025, aos santos, beatos, venerables e servos de Dios nas Igrexas particulares. Así, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, destacou o exemplo dalgúns santos diocesanos como o beato Pedro González Telmo —santo Telmo—, patrón da diocese; santo Paio, natural de Albeos ; o beato Manuel, de Ribarteme ; o beato Salvador Fernández Pérez, salesiano natural de Crecente; ou o beato José García Pérez, primeiro beato deste século natural de Teis.

Unha diocese agradecida con todos os seus colaboradores
Pola súa banda, o vigairo de economía, Jesús M. Carracedo, agradeceu a colaboración de cuantos fan posible que a diocese de Tui-Vigo poida continuar desenvolvendo a súa misión: anunciar o Evanxeo en todos os recunchos da sociedade. Ademais, explicou os datos das diferentes actividades realizadas pola Igrexa en Tui-Vigo, contidas na revista «A nosa Igrexa», memoria particular da diocese de Tui-Vigo cos principais ingresos e gastos.
Durante a presentación, Carracedo presentou un dos últimos proxectos de conservación patrimonial nos que estivo involucrada a diocese de Tui-Vigo: a restauración dun bosquexo dun templo en Chapela, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios. A iniciativa, que supuxo un investimento de 2.500 euros, levou a cabo con motivo do 150 aniversario do nacemento de Palacios e a obra, propiedade da diocese, estará exposta en TUDE, Museo Catedralicio Diocesano de Tui.


Unha diocese que acompaña nas situacións de maior vulnerabilidade
O Día da Igrexa Diocesana busca poñer o foco nas diferentes accións que se desenvolven no ámbito local. Máis aló das cifras, a xornada é ocasión para agradecer a presenza de cuantos confían na diocese de Tui-Vigo para acompañalos nas situacións de maior vulnerabilidade. Durante a presentación, María Isabel Barrios, usaría do proxecto CLARA de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, e Birama Ndong, mariñeiro-pescador acompañado polo Centro de Atención ao Mariño Stella Maris de Vigo, contaron a súa experiencia coa Igrexa.
María Isabel Barrios, de orixe Venezolana, chegou a Vigo en 2023 cos seus dous fillos, buscando unha mellor calidade de vida e fuxindo da inestabilidade e os conflitos do seu país de orixe. En marzo de 2024, María Isabel accede ao proxecto CLARA de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, que lle proporcionou a ela e á súa familia un espazo estable onde reconstruír as súas vidas, así como a cobertura económica de necesidades básicas talles como a alimentación, medicación, roupa, transporte e taxas para trámites administrativos, entre outros.
Grazas á estabilidade brindada polo proxecto CLARA, María Isabel puido acceder a diferentes formacións no sector da Hostalería co fin de mellorar a súa situación para a integración no mercado laboral. Durante este proceso, tamén se apoiou aos menores no seu proceso de integración social. Na actualidade, Barrios conta cun emprego a xornada completa que, xunto co emprego a tempo parcial dun dos seus fillos, permitiulles acceder a unha vivenda en alugueiro.
De orixe senegalesa, Birama Ndong coñeceu as oficinas de Stella Maris a finais do ano 2022, derivado do Comedor da Esperanza. Cando chegou, non tiña casa nin traballo. As voluntarias de Stella Maris axudáronlle a buscar aloxamento: primeiro e de maneira temporal, nun albergue, ata que finalmente puido acceder a unha habitación nun piso compartido onda outros mariñeiros. Familiarizado coa pesca no seu país de orixe, a aspiración de Birama era atopar traballo no sector marítimo. Stella Maris orientoulle para sacarse os títulos obrigatorios que lle permitisen exercer a actividade de mariñeiro-pescador. Unha vez que conseguiu o permiso, conseguiu traballar na

A Igrexa de Tui-Vigo conecta a santidade co hoxe das nosas vidas