9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

A igrexa do Corazón de María acolle a vixilia da Inmaculada para a mocidade

A igrexa do Corazón de María acolle a vixilia da Inmaculada para a mocidade

Con motivo da solemnidade da Inmaculada Concepción, o sábado 7 de decembro, ás 20:30 horas, o templo parroquial do Corazón de María en Vigo acolle a vixilia diocesana para a mocidade que organiza a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo e que estará presidida polo bispo, Mons. Antonio Valín. Ao termo da misa, haberá un intre de adoración eucarística seguindo o esquema que a delegación desenvolve, cada mércores, na Oración Xove, onde se reúnen semanalmente ao redor de medio centenar de mozos e mozas de distintas idades.

Unha vez terminada a celebración litúrxica, os mozos gozarán dun intre de convivencia fraterna nos locais parroquiais. Ademais, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria aproveitará a ocasión para presentar a peregrinación a Roma que está a organizar con motivo do Xubileu da Mocidade, que se desenvolverá do 28 de xullo ao 3 de agosto de 2025.

A través de actividades deste tipo, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo busca crear espazos de encontro para conectar a mocidade que participa da vida da Igrexa en calquera punto da xeografía diocesana, de modo que poidan coñecer diferentes realidades para continuar crecendo e profundando na fe, xunto a máis mozos e mozas. Desde hai anos, tamén ofrecen espazos de formación, acompañamento e nova evanxelización como o curso Alpha ou «Unha luz na noite», para que os mozos e mozas poidan aprender falar da fe a outros mozos e mozas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp