19 de Abril de 2025,
San León IX

A igrexa do Sagrado Corazón, aberta «24 horas para o Señor»

A igrexa do Sagrado Corazón, aberta «24 horas para o Señor»

A iniciativa do papa Francisco «24 horas para o Señor», que convoca baixo o lema «Ti es a miña esperanza», terá lugar este ano no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo, que permanecerá aberto durante 12 horas, o venres 28 e o sábado 29 de marzo, desde as 09.00 ás 21:00 horas. Así se ofrece a os fieis a oportunidade de participar en momentos de adoración eucarística e de recibir o sacramento da Reconciliación, pois, aínda que a oración comunitaria está dirixida por distintos grupos, cada fiel pode incorporarse á oración no momento que lle sexa posible.    

O bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidirá a eucaristía de clausura desta iniciativa o sábado, 29 de marzo, ás 20.00 horas.

No marco desta iniciativa e do Ano Xubilar 2025, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza», o templo do Sagrado Corazón de Jesús en Vigo foi nomeado templo xubilar extraordinario durante o venres 28 e o sábado 29. Así, as persoas que o desexen e cumpran os requisitos poderán gañar a indulxencia plenaria nesta igrexa viguesa durante o tempo que dura a iniciativa. En decembro de 2024,  a diocese de Tui-Vigo estableceu, de forma ordinaria, catro templos xubilases para que aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo, o santuario da Nosa Señora da Franqueira e a capela do Fogar-Clínica San Rafael.

O obxectivo é ofrecer aos fieis un templo que permaneza aberto durante 24 horas co Santísimo exposto para a súa adoración continuada, ademais de sacerdotes dispoñibles para administrar o sacramento da Reconciliación. Nesta ocasión, a iniciativa preséntase como unha oportunidade para vivir a esperanza deste ano Xubilar 2025, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza».