Representantes do ámbito da Economía e da Comunicación das cinco dioceses da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela participaron nas xornadas de economía, sostemento e transparencia que, do 27 ao 29 de maio, a Conferencia Episcopal Española organizou en Madrid ao redor de a corresponsabilidade, xestión do patrimonio, eficacia comunicativa ou ferramentas concretas como o portal www.donoamiiglesia.es. Este encontro de formación supón unha oportunidade para compartir e aprender sobre iniciativas exitosas que se están levando a cabo en distintas dioceses españolas.
Durante a tarde do martes 28 de maio, representantes da arquidiocese de Santiago de Compostela e a diocese de Ourense interviñeron no taller destinado a compartir experiencias e ideas para a elaboración dunha memoria de actividades en dioceses e parroquias, baseándose na recente experiencia da presentación da «Memoria Económica e de Actividades da Igrexa en Galicia» durante o ano 2022; unha iniciativa que tivo lugar o pasado 2 de maio e que supuxo unha oportunidade para facer visible na nosa sociedade o labor da Igrexa e os rostros e realidades que a fan posible.