A Igrexa universal celebra, cada ano, o último domingo de setembro, a Xornada Mundial do Migrante e o Refuxiado (JMMR). «Mesmo un só destes pequenos» é o lema escollido polo Papa León para a 112.*ª JMMR, que se celebrará o 27 de setembro. Ao coincidir esta data coa peregrinación diocesana a Fátima, na nosa Diocese a celebración comunitaria, organizada pola Delegación de Migracións, realizarase o domingo 20 de setembro no colexio San José de Cluny de 10.30 a 17.30 hrs.
«Mesmo un só destes pequenos»
A Delegación de Migracións da nosa Diocese, a teor do lema escollido polo Papa, quere lembrarnos que moitas veces a realidade dos nenos, nenas e adolescentes migrantes queda sumida na invisibilidade. Son pequenos que se ven obrigados a soportar momentos e experiencias sumamente fortes: afrontar o duelo do desarraigamento, adaptarse a un novo país e cultura, establecer novas amizades ou, mesmo, superar a barreira dun novo idioma. Do mesmo xeito, non podemos esquecer a dura realidade daqueles menores non acompañados que deberon deixar os seus fogares aguilloados pola pobreza ou a violencia.
Ante a tentación de reducir a migración a frías estatísticas ou debates públicos, a Palabra de Dios esíxenos unha mirada centrada na dignidade infinita e irrepetible de cada persoa. Acoller a «mesmo un só» é saír ao encontro do mesmo Cristo que se fai presente no máis vulnerable.
Convocatoria e Xornada Diocesana en Vigo (Domingo, 20 de setembro ás 10.30 hrs.)
A Delegación de Migracións invita de xeito especial a participar nesta Xornada a parroquias, a familias migrantes, e moi particularmente a familias que teñen nenos ou menores ao seu cargo.
A celebración en Vigo do domingo 20 de setembro terá un carácter entrañable, festivo e formativo:
–Espazo formativo para pais: Os adultos e familias participarán na conferencia-taller titulada «Como acompañar o proceso migratorio dos meus fillos», a cal será impartida polo cantautor católico Luis Alfredo Díaz, quen nos achegará pautas, experiencia e luz para acompañar emocional e espiritualmente o proceso de adaptación dos fillos.
–Espazo festivo e recreativo: Haberá actividades e un espazo dedicado especialmente aos nenos e nenas, para que vivan un día de fraternidade, xogo e alegría en comunidade.
–Eucaristia
–Comida
–Encontro con Mons. D. Antonio Valín
-Despedida