23 de Abril de 2024

,

San Jorge
23 de Abril de 2024

,

San Jorge

A Infancia Misioneira ilumina o mundo con máis de 330 proxectos

A Infancia Misioneira ilumina o mundo con máis de 330 proxectos
Foto: Imagen del cartel de la Jornada de la Infancia Misionera 2022.

O vindeiro domingo, 16 de xaneiro, a Igrexa celebra a Xornada da Infancia Misioneira, unha Obra do Papa que promove a axuda  recíproca entre os nenos do mundo, a través da cal se financian 335 proxectos que proporcionan educación, saúde e formación cristiá a máis de 4 millóns de nenos en 120 países.

Para continuar desenvolvendo os seus proxectos, a Igrexa destinará as colectas do próximo domingo á axuda da Infancia Misioneira que en 2021 conseguiu recadar 1.933.313 euros para a protección da vida, a saúde, o ensino, a construción de espazos educativos ou internados, a mellora de infraestruturas ou a formación católica dos nenos presentes nos 1.116 territorios de misión. 

Obras  Misionais Pontificias en España busca impulsar os valores da Infancia Misioneira entre os nenos, centrándose en dar cabida a un proceso de formación misioneira capaz de integrarse na pastoral ordinaria. A través do itinerario de catro anos «Con Xesús á misión» que finaliza este 2022 co lema «Con Xesús a Xerusalén: Luz para o mundo!», a  OMP lanzou unha proposta pedagóxica dirixida aos nenos de 6 a 12 anos que ten como obxectivo dar a coñecer as distintas etapas polas que pasou Xesús ao longo da súa infancia, un exemplo que viven os misioneiros a través da súa xenerosidade e a súa entrega.

Os materiais para sensibilizar sobre a importancia da Xornada da Infancia Misioneira están dispoñibles a través da web:  www.infanciamisionera.es. A través deste portal, institucións e particulares tamén poden contribuír economicamente a mellorar e sumar cada vez máis proxectos que protexan e defendan a infancia misioneira.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp