A medianoite do 24 de decembro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín presidirá a misa “do galo” no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo. Ao día seguinte, xoves 25, D. Antonio celebrará a Misa de Nadal na catedral Santa María de Tui, ás 13:00 horas, e na concatedral-basílica de Vigo, ás 19:00 horas.
Debido á hora tardía na que se ha de celebrar a misa “do galo”, son poucas as parroquias que celebran esta misa. En Vigo, ademais da parroquia do Sagrado Corazón tamén o celebran, as parroquias do Inmaculado Corazón de María (Claretianos) e María Nai do Bo Pastor (Capuchinos).
O mosteiro benedictino de Trasmañó celebra tamén a medianoite esta misa. Antes, ás 23:00 horas, proclamarase o solemne Pregón do Nadal (antiga” kalenda”).
A misa de medianoite ou misa “do galo” recibe este peculiar nome porque se celebra a medianoite, co canto nocturno do galo. Está vinculada á reliquia do pesebre que se conserva na basílica de Santa María a Maior de Roma, e a súa orixe é antiquísimo, remontándose probablemente ao papa Sixto III no s. V.