29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

A MISA DE SAN TELMO EN TUI RETRANSMITIDA POLAS REDES SOCIAIS

A MISA DE SAN TELMO EN TUI RETRANSMITIDA POLAS REDES SOCIAIS

O luns da oitava de Pascua celébrase a festa do patrón da cidade de Tui e da diocese de Tui-Vigo, o Beato Pedro González Telmo popularmente coñecido como San Telmo. Nestas circunstancias extraordinarias de confinamento xeral, e na imposibilidade de celebrar a festividade litúrxica como viña sendo habitual outros anos, o Bispo Mons. Luís Quinteiro Fiuza determinou celebrar a santa misa, na Capela das Reliquias da catedral tudense, en privado e á hora habitual, #ante o busto do relicario principal do santo, patrón tamén dos navegantes e peregrinos. A eucaristía sen presenza de pobo será con todo retransmitida por Instagram e Facebook, ás 11 da mañá do luns día 20 de abril.

O Bispo, que é Promotor do Apostolado do Mar na Conferencia Episcopal, encomendará as necesidades xerais dos tudenses e dos diocesanos, aos enfermos en xeral e particularmente aos que padecen o coronavirus, ás súas familias e aos seus defuntos, así como a cuantos xenerosamente contribúen a vencer a esta pandemia, xunto cos homes da mar e os peregrinos, pois todos o somos nesta vida. Que a ningún falte a axuda do santo, pois como reza o seu himno “para chegar ao porto canto hai que navegar!”.

Para quen desexe seguir a retransmisión por Instagram e Facebook, o nome de usuario para enlazar facilmente é para ambos, @ dtuivigo.

E as ligazóns para seguir a cerimonia nas redes son, respectivamente:

https://www.instagram.com/dtuivigo/ https://www.facebook.com/dtuivigo/

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp