13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo
13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo

A mocidade de Tui-Vigo peregrinarán a Santiago a finais de xullo

A mocidade de Tui-Vigo peregrinarán a Santiago a finais de xullo

O ano Xacobeo está en marcha desde o pasado mes de decembro e, en Santiago de Compostela, o apóstolo espera recibir aos miles de peregrinos que, a pesar da pandemia, acudan a gañar o Xubileu. Os mozos da diocese de Tui formarán parte deses miles grazas á peregrinación que organiza a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria.

Do 26 de xullo ao 1 de agosto, os peregrinos que se inscriban realizarán o ruta portuguesa comezando en Tui, con paradas polo Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón, ata terminar na cidade do apóstolo. Ademais de camiñar durante gran parte da xornada, os mozos poderán gozar de intres de oración comunitaria, actividades lúdicas e mesmo talleres para crecer  espiritualmente na fe cristiá

Os interesados en participar han de inscribirse a través da seguinte ligazón canto antes, porque as prazas estarán limitadas a 40 persoas de entre 18 e 30 anos debido ás limitacións de aforos nos albergues do Camiño establecidas polas autoridades sanitarias. Ademais, a inscrición terá un custo de 130€ co cal a delegación cubrirá os gastos de aloxamento, comida, seguros e alugueiro de autobús de regreso de Santiago a Vigo.

Esta experiencia, á que se sumarán outras que anunciarán proximamente, pretende ser un aliciente que motive aos mozos diocesanos a participar na Peregrinación Europea da Xuventude que, durante cada Ano Xacobeo, organizan as delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia en colaboración coa subcomisión de Mocidade e Infancia da CEE para celebrar o Ano Santo e que, inicialmente, estaba prevista para este verán, pero con motivo da pandemia tivo que aprazarse a agosto de 2022.

Desde o pasado setembro, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria puxo en marcha diversas actividades nas que os mozos son os protagonistas, como no caso da Oración Xoven que cada mércores acolle no Corazón de María a medio centenar de mozos e mozas de entre 17 e 30 anos; ou os encontros de formación «Déixate rescatar para amar» impartida polo delegado de Pastoral Vocacional, Ángel Carnicero, cada martes de maneira quincenal, nos locais parroquiais do Sagrado Corazón de Xesús. Así, a través do traballo conxunto, a Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo faise eco das palabras do papa Francisco na  Christus  Vivit —a  exhortación  apostólica  pos-sinodal publicada en 2019 tras a celebración do  Sínodo dos Bispos: Os mozos, a fe e o  discernimento vocacional—: “a pastoral xuvenil implica dúas grandes liñas de acción. Unha é a procura, a convocatoria, a chamada que atraia a novos mozos e mozas á experiencia do Señor. A outra é o crecemento, o desenvolvemento dun camiño de maduración dos que xa fixeron esa experiencia” (CV, 209).

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp