A delegación de Pastoral Xuvenil de Tui-Vigo celebra a próxima fin de semana, o venres 16 e sábado 17, unha nova edición do curso de Música e Evanxelización en colaboración coa delegación de Espiritualidade da Diocese de Coria-Cáceres.
Con motivo das medidas sanitarias estipuladas polo Goberno para frear a expansión da pandemia, este ano a quinta edición do curso desenvolverase o curso vía on-line, a través de Zoom, colaborando cunha achega de 5 euros en inscrición individual ou 10 euros se é de grupo.
«A música, vacina para a alma» foi o lema escollido para esta nova edición que conta coa participación de importantes figuras da música cristiá católica, buscando dinamismo, participación e apertura do espírito. Entre eles, destaca a participación de Toño Casado, creador do musical 33.
Mons. Francisco Cerro, anterior bispo de Coria-Cáceres e actual arcebispo de Toledo, abrirá o curso mentres que o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, será o encargado de clausurar o curso, seguido do administrador diocesano de Cáceres, Diego Zambrabo.
Desde ambas as delegacións, animan á participación neste curso marcado polas consecuencias da covid-19, que tamén provocaron unha apertura á esperanza humana e cristiá «sabendo que a melodía da forza, a graza e a Presenza Divina actúan na nosa vida cotiá», explica Juan Rodríguez, delegado de Espiritualidade de Coria-Cáceres.
Para inscribirse hai que clicar na seguinte ligazón: BIT. LY/ CMYE21.