4 de Novembro de 2024

,

San Carlos Borromeo
4 de Novembro de 2024

,

San Carlos Borromeo

A obra do sacerdote diocesano Ramiro Lamas «sintetiza fe, verdade e beleza»

A obra do sacerdote diocesano Ramiro Lamas «sintetiza fe, verdade e beleza»

O pasado venres 19 de febreiro, inaugurouse a exposición do sacerdote e arquitecto, Ramiro Lamas, «Acuarelas: Rostros de personaxes da historia dos tempos e síntese do seu traballo profesional» cunha selección das súas máis de 1.500 obras, que estará dispoñible ata o 12 de marzo en horario de 16:00 a 20:00 no Salón Carril de Pazo dos Escudos en Vigo.

Francisco Varela, párroco de Cesantes, presentou o acto ao que asistiu o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e destacou que se trata de «unha obra de fe en diálogo coa cultura na que se sintetiza fe, verdade e beleza».

Desde hai 50 anos, e tal e como explico Francisco Varela, o párroco de Castrelos e autor desta obra emprega a técnica da acuarela caracterizando aos seus personaxes con «vida, alegría, nobreza, elegancia, excelencia, humildade, servizo e sacrificio». 

Ramiro Lamas, arquitecto e sacerdote

Ramiro Lamas nace en Beariz (Ourense) no seo dunha familia numerosa, sendo o noveno entre os seus irmáns. Unha vez finalizados os seus primeiros estudos viaxa a Panamá onde inicia a carreira de Arquitectura finalizándoa en 1969 con especialidade en Urbanismo en formulación de cidades. A súa tese sobre o mestre Lle  Corbusier caracterizado pola elegancia, o bo gusto, os espazos limpos e o respecto, interesa ao goberno  panameño ata o punto de expor aos Estados Unidos un crédito de formación e a planificación dun complexo de desenvolvemento naval, así entra don Ramiro a traballar na firma norteamericana  Sehay  and  Holzer como xefe de proxectos. Ao mesmo tempo queda encargado da Cátedra de Deseño Superior. Tras algúns anos renuncia ao ensino para dedicarse de pleno á profesión.

A sociedade de enxeñeiros e arquitectos de Panamá outórganlle en 1973 o premio ás mellores obras públicas. En 1976 é nomeado presidente do colexio de arquitectos da Nación. Durante nove anos fai valoracións ao Estado, estudos de  factibilidad financeira, inspeccións e informes de obras relevantes.

É especialista en estabilidade de edificios altos e equipamentos de edificios. Formou a multitude de arquitectos novos seleccionados polos Estados Unidos. Ten traballos de investigación sobre contratacións de obras por parte dos Estados Unidos.

Tamén desenvolveu para América Latina un plan de construción de vivendas para persoas sen recursos onde se aproveitaba todo o material como un xastre aproveita toda a tea.

Xa en España e moi especialmente en Galicia deseñou vivendas unifamiliares, mansións, hoteis, centros de saúde, casas dos concellos etc… Sempre superando as dificultades propias do sistema: prezos, mantemento, políticas de contratación etc… Destacan na Diocese de Tui-Vigo, o desenvolvemento do salón de actos do Seminario Maior San José de Vigo, as reformas de de o templo parroquial de San José Obreiro e Santa Rita e o edificio parroquial da Inmaculada Concepción de Vigo, entre outros moitos.

Actualmente, Ramiro Lamas foi nomeado membro do Instituto de Cultura Hispánica pola súa alteza real don Alfonso de Borbón, membro da Sociedade Española de Beneficencia de Panamá e, desde o ano 2019, membro insigne da Sociedade  Panameña de Enxeñeiros e Arquitectos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp