19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll
19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll

A oración, protagonista das III Xornadas de Teoloxía en Vigo

A oración, protagonista das III Xornadas de Teoloxía en Vigo
FOTO.- Jornadas de Teología, 2024

Do 7 ao 9 de maio, o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo organizou a III edición das  Xornadas de Teoloxía, baixo o lema «Señor, ensínanos a orar». As tres conferencias impartidas durante estes días versaron sobre a oración para profundar, precisamente, no Ano da Oración, a proposta do papa Francisco como preparación ao Xubileu 2025.

O martes, 7 de maio, o profesor adxunto no departamento de Teoloxía Dogmática e Fundamental da Universidade Pontificia de Comillas, en Madrid, Pedro Rodríguez Panizo, inaugurou as xornadas co relatorio «A oración: aproximación desde a Teoloxía Dogmática-Fundamental». Ao día seguinte, continuou o sacerdote Emilio López Navas, profesor de Teoloxía Bíblica no Centro Teolóxico «San Pablo» da diocese de Málaga, coa conferencia «A oración: aproximación desde a Teoloxía Bíblica». Finalmente, a profesora Carolina Blázquez Casado, OSA, directora da cátedra extraordinaria de Teoloxía da Vida Consagrada da Facultade de Teoloxía da Universidade Santo Dámaso en Madrid, clausurou estas xornadas coa conferencia «A oración: aproximación desde a espiritualidade».

En 2025, a Igrexa universal celebrará o Ano Xubilar en Roma, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza». Previamente ao ano xubilar e por vontade do Santo Pai, os dous anos que preceden ao Xubileu están dedicados, o primeiro, a redescubrir o ensino conciliar e, o segundo, á oración. Así, 2024 é o Ano da Oración seguindo a proposta do papa Francisco que anunciou o domingo 21 de xaneiro de 2024, con ocasión do Domingo da Palabra de Dios.

Jornadas de Teología 2024 | © Diocese de Tui-Vigo
El Centro Teológico «San José» de Vigo organizó la III edición de las Jornadas de Teología.
« de 11 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp