A parroquia-santuario da nosa Señora de Fátima en Vigo prepárase para celebrar a festividade da súa patroa o vindeiro xoves, 13 de maio, cunha novena que comezará o mércores 4.
Durante toda esta semana, os fregueses da parroquia e todos aqueles devotos de Fátima poderán asistir á novena que se celebrará en horario de mañá ás 9, 12 e 19 horas de luns a sábado. O domingo as misas serán ás 10, 11, 12 e 13 horas.
O venres 13 de maio, festividade da nosa Señora de Fátima, celebraranse misas cada hora desde as 08:00 horas, é dicir: pola mañá ás 8, 9, 10, 11, 12 e 13 horas; mentres que pola tarde serán á 16:30, 17:30, 18.30, 19:30 e 21:00 horas. Previamente, haberá rezo do rosario e posibilidade de recibir o sacramento da Reconciliación ao longo de todo o día. Tamén haberá procesión coa imaxe da virxe despois da celebración das 19:30 horas.
Ademais dos horarios de misa, organizaranse outros actos en honra á nosa Señora de Fátima: o vindeiro venres 6 de maio, a parroquia celebrará unha vixilia de adoración nocturna ás 19:30 horas, ao termo da eucaristía; ao día seguinte, o 7 de maio, na misa das 12 horas pedirase polos enfermos; e o domingo 8, na eucaristía das 11 horas, realizarase a consagración dos nenos á Virxe e a ofrenda floral.