25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

A parroquia da Nosa Señora do Rocío celebra o 50 aniversario da súa creación

A parroquia da Nosa Señora do Rocío celebra o 50 aniversario da súa creación

Cunha  concelebración  eucarística presidida polo Bispo,  ás 17 horas do domingo 22 de novembro, celebrará a parroquia viguesa do Rocío, en  Coia, o 50 aniversario da súa fundación no ano 1970.

A parroquia viguesa, que preside Santiago Vega López, preparou para conmemorar tal efemérides numerosas actividades algunhas das cales tiveron que ser pospostas por mor da pandemia ou das restricións sanitarias: unha exposición sobre a arquitectura e o urbanismo que deron orixe ao nacemento do Polígono de  Coia (“ Coia, un lugar para vivir”), así como, entre outras, a publicación dun libro sobre o proceso de creación e desenvolvemento da parroquia da nosa Señora do Rocío.

Trece mozos e adultos recibirán o día anterior, sábado 21 de novembro, ás 19 horas a recepción do  sacramento da Confirmación e ás 17 horas do domingo 22 o Bispo celebrará a misa de acción de grazas por estes primeiros 50 anos e lembrará aos pioneiros falecidos que puxeron en marcha tantas tarefas nesa parroquia

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp